Monday 29 de April de 2024

Ana Abuín, bronce no Campionato de España Péntatlon de Lanzamentos


 

Ana Abuín, do Club Atlética A Silva-Ordes, alzouse coa medalla de bronce no Campionato de España Péntatlon de Lanzamentos, que tivo lugar en Moratalaz (Madrid) a pasada fin de semana.

Por outra banda, ata o Barco de Valdeorras desprazáronse os equipos de categorías menores do Atlética para participar no VIII Campionato de Galicia por clubs. A proba disputouse o pasado 17 de maio, xornada na que varios atletas superáronse a si mesmos mellorando moitas das súas marcas persoais. Os equipos S12 e S10 masculino clasificáronse en terceira e novena posición respectivamente, mentres que as rapazas S12 e S14 foron sétimas.